Standstill ofrece en Pontevedra o último concerto de Rooom en Galicia

O próximo sábado 8 de outubro a banda Standstill actuará no Pazo da Cultura de Pontevedra co seu espectáculo ROOOM, e probablemente sexa esta a última oportunidade de ver en directo en Galicia á banda catalana con esta xenial montaxe.

A banda leva dous anos xirando e presentando o seu último traballo “Adelante Bonaparte”, misturnado a un tempo dous formatos, un convencional para salas de concertos ou festivais, e outro coa vangardista montaxe de ROOOM.

ROOOM é un espectáculo musical de vinte cancións, cunha orde cronolóxica en tres capítulos. Falamos da traducción íntegra do triple elepé “Adelante Bonaparte” a un esceario na súa totalidade. As imaxes dominan e marcan o pulso, os músicos executan e interactúan con elas, unha escenografía efectiva e minimalista… así comeza unha viaxe intima pola vida dun tal Bonaparte, un personaxe que pode ser calquera.

Standstill