Microfest, a cita anual coa cultura urbana en Galicia

En novembro regresa Microfest para ofrecer boas dosis de rap.

Nach, La Puta Opepé e Darmo serán os protagonistas nesta novena edición, que terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de novembro.

Os artistas galegos Erin (Comando Katana) e Kaixo Sama vs Elecesar completan o cartel dun festival que ven dando o seu apoio á escena galega dende os inicios, e que é a cita de referencia coa música e a cultura urbana de máis actualidade en Galicia.

Toda a información en www.microfest.net.