Hip hop no 2012

O ano 2012 comenza cargado de concertos de rap e ragga en Galicia con algún dos mellores artistas do xénero.

Os días 13 e 14 de xaneiro Falsalarma presentarán en directo o seu novo álbum “Dramática” en A Coruña e Vigo, respectivamente. Rap áspero e contundente reflexo da crueza do momento.

O 20 e 21 de xaneiro os valencianos Alberto Gambino & Los Kung Fumetas estarán actuando en A Coruña e Vigo, para presentar o seu novo traballo “Coctel de Gambas”. Erin (Comando Katana) abrirá os dous concertos. Descaro a base de dancehall e rap.

Nach continúa coa xira “Mejor que el Silencio”, que chegará a Vigo o 24 de febreiro. Tras colgar o cartel de “entradas agotadas” en varias cidades nesta xira, o MC alicantino regresa a Galicia  no seu mellor momento.

En marzo Shotta ofrecerá concertos en Vigo (16/03) e A Coruña (17/03) presentando en directo “Profundo”, a fusión entre a lírica do sevillano e o xenio musical de Griffi (Solo Los Solo, Chacho Brodas).