Standstill pechan a xira de “Adelante Bonaparte”

Tras dous anos de xira con “Adelante Bonaparte” Standstill despídense dos escenarios durante un tempo e o fan cunha última serie de concertos especiáis. En Galicia o broche final será o vindeiro venres 24 de febreiro , na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Poderíase dicir que “Adelante Bonaparte” é o disco máis profundo e ambicioso artisticamente de Standstill por volume e concepción, pero, noutro xogo de contrarios, á vez contén as cancións máis directas e sinxelas da súa discografía. Melodías e frases difíciles de esquecer acompañadas por unha instrumentación máis básica do afeito converten o disco nun malabarismo que non o parece e na obra máis completa, á vez que gozosa, de toda a súa discografía.
Posiblemente só un grupo coa súa experiencia (responsable da súa propia discográfica, os seus propios films, espectáculos escénicos, e de asinar -segundo máis dun me dio especializado- o mellor disco nacional da década pasada) estaría preparado para concibir unha peza tan particular. Son tres discos, independentes e complementarios, que se ordenan cronoloxicamente no tempo, e que por tanto falan sobre el; sobre o que nos deixa e o que queda, en definitiva sobre as cousas mais básicas: a vida, a morte e o amor, como nun conto clásico.
A banda de Barcelona pasou dous anos de xira, tanto en formato eléctrico en salas, como co espectáculo “Rooom” en teatros, presentando o estupendo “Adelante Bonaparte”, álbum que copou as listas dos mellores discos nacionais do ano 2010.
Agora despídense no seu formato máis cru e directo para dar paso á elaboración do seu próximo traballo.