Nach nas festas da Ascensión de Compostela

Nach pon música na Praza da Quintana á xornada de cultura urbana das festas da Ascensión o sábado 19 de maio.

O compostelán Erin (Comando Katana) será o encargado de abrir o concerto do MC alacantino.

“Mejor que el silencio” (2011) é a nova entrega de Nach, con todo o seu inconfundible carácter e fertilidade. Cando parecía difícil seguir escalando na súa
apabullante construción de épica lírica, selo da casa, de novo volve a conseguilo. Tras un excelente 2011 pragado de éxito e de momentos estelares arrededor do lanzamento deste traballo (Mellor Disco Español do Ano segundo os lectores de Hip Hop Nation), NACH foi nominado pola Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas aos Premios Goya 2012 na categoría de Mellor Canción Orixinal por “Verbo”, tema central da película do mismo nome dirixida por Eduardo Chapero-Jackson.

Erin comezou a rapear con apenas 11 anos, gañando importantes certames de improvisación. Da man de QT2M, mítico grupo de rap de Santiago, comenzou a súa andadura pisando táboas de escenarios. Pero a súa primeira referencia remóntase a 2007 cunha larga duración de 14 cancións xunto co produtor Richard en ‘Desde antes hasta ahora’. Deste LP saíron temas que son xa himnos nas rúas de Compostela como ‘Santiago DC’ ou ‘Fuck the police’. Este ano Erin presenta “El Trapicista”, un EP de catro cortes con letras reais, letras vacilonas a veces, serias outras. Próximamente sairá á luz unha nova mixtape de dancehall e o seu primeiro LP xunto a Hazhe.