Microfest X: 10 anos de hip hop

Microfest acada unha década e, para celebralo, presenta un cartel co máis fresco do panorama hip hop,  atendendo aos seus dous principais obxectivos durante estes dez anos: amosar a actualidade da música hip hop que está a soar, agora, a dez anos despois do primeiro festival e seguir a apoiar con forza a escea galega, que, dende aquela, sempre estivo impulsada nos escenarios do evento.

Só cun micro, dous platos e unha mesa de mestura moitos artistas demostraron que poderían mover un mundo. Microfest, cun camiño duro no medio dunha crise xa de anos, conseguiu consolidarse como un dos poucos festivais de referencia do hip hop no estado español. E que así siga.

Venres 16/11/12 – TOTEKING & SHOTTA + ALBERTO GAMBINO + 96ERS – Sala Capitol, Santiago DC – 20.00 h

Sábado 17/11/12 – SWAN FYAHBWOY + IVÁN NIETO + WATIOS – Sala Capitol, Santiago DC – 20.00 h

www.microfest.net

Toteking & Shotta comezan en Microfest a xira de presentación do seu novo álbum “Héroe” (Sony Music/Octubre).

Unha década despois do seu primer traballo conxunto “Tu madre es una foca”, os irmáns sevillanos voltan a reunirse para entregar un novo álbum cargado de versatilidade, grandes bases e rimas onde retoman a retranca dos seus inicios. O disco, titulado “Héroe”, conta con colaboracións de Kase.O, Fyahbwoy ou Gordo Master, e produccións de beat makers nacionais como Griffi, Cookin’ Soul, Frank T e internacionais como Nottz ou iLLmind.

ToteKing é unha das mentes máis incisivas do rap, de espírito crítico e rimas afiadas, cun estilo afastado dos tópicos, Tote ten 5 elepés publicados e varios maxis, ademáis do mítico álbum “Tu madre es una foca” xunto ao seu irmán Shotta, e co que agora presenta o novo traballo “Héroe”.

Swan Fyahbwoy representa o son dancehall máis potente do momento. O seu novo disco “Extremely flammable” é o segundo traballo do artista madrileño.

O primeiro adianto do disco foi o videoclip “Siempre hablando de más”, superando en menos de dúas semanas as 200.000 reproduccións. O segundo single é “Am a Warrior”, producido polos valencianos Cookin’ Soul, que supera xa ás 500.000 visitas na canle de YouTube de Fyahbwoy, que xa ten máis de 17.000 suscriptores e máis de 7 millóns de reproduccións de video.

Swan Fyahbwoy, con este segundo traballo, está nun momento de forma impresionante, con directos incendiarios a base de ritmos ultrapotentes e moita actitude.

Iván Nieto presenta en directo o seu novo disco “Maleza”, que o propio MC madrileño describe como un traballo sincero e persoal que amosa unha temática tanto social como íntima expresada con claridade e acougo, baseada principalmente na superación dos problemas que atopamos no camiño. “Maleza” conta coas colaboracións dos seus compañeiros de A13 Records, Darmo, Carmona e Moreno, e produccións de Acción Sánchez, Baghira, MRK, Lex Luthorz, facendo deste álbum un traballo moi variado.

En Microfest, Iván Nieto estartá acompañado por Duddi Wallace e Dj Spicher, cos que forma un núcleo de traballo moi compacto, mantendo alta intensidade durante todo o concerto.

Watios é unha formación de hip hop de A Coruña en activo dende finais de 2005 e integrada por Judah (DJ/beat maker) e Sago (MC), ambos pertencentes ao colectivo Norweside. Nestes anos publicaron 5 traballos: “Segunda línea” (2005), “Pura Sangre” (2007), “Groovin’” (2009), “Checkealo EP” (2010) e por último un bootleg que recibe o nome de “Monkey See, Monkey Do” (2012).

Watios chegan a Compostela para ofrecer en directo, xunto a Ponte, os temas de “Monkey See, Monkey Do” e adiantar algunha composición do seu próximo disco, previsto para 2013.

Alberto Gambino & Los Kung Fumetas continúan a xira de “Cóctel de gambas”, un segundo álbum que o sitúa xa como un dos pesos pesados da escena urbana nacional e que contén 17 novos temas do estilo fresco que o caracteriza: rap, reggae e festa a partes iguais. As producións de Beatnugets ofrecen unha rica variedade de ritmos e estilos que combinan rap e dancehall con beats programados e instrumentación real.

“Cóctel de gambas” chega tralo éxito do seu anterior traballo, “Versión española” que revolucionou internet sumando máis de 420.000 descargas, cerca de 10 millóns de reproduccións en YouTube do tema “Purpurina” e máis de 2 millóns de “Sigo aquí”.

A música de Alberto Gambino encandila tanto a seguidores do rap como aos máis eclécticos seguidores do reggae. A súa frescura e sentido do humor é fundamental clave do seu éxito.

96ers (Ninetysixers) comezan en Ourense en 2008 cando a inquedanza musical destes rapers foi crecendo de tal xeito que pronto tiveron a necesidade de crear un estilo persoal, afastado de ritmos alleos dos EUA. O productor Carlito Sound propociónalles o son máis sucio de Galicia, e os atrevidos MCs Lirone Snake, El Hiro Fresh e Ze Verona completan unha formación que destila ritmos duros e aires hedonistas.

96ers caracterízanse por unha potente posta en escea, acompañados polo MC dominicano Big Nando. En Microfest X presentarán o seu último traballo, “Esto sucedió”.