Erin (Comando Katana) en Culturgal 2012

Erin (Comando Katana) ofrecerá un showcase no Culturgal.

30/11/2012 – Culturgal, Pazo da Cultura, Pontevedra

Trala publicación do EP “El Trapicista” o compostelán Erin, da formación Comando Katana, atópase argallando o seu novo traballo, que contará coas colaboracións de recoñecidos artistas nacionais e internacionais como Aya Waska (Suiza), Hermano L, Lady Yaco e Rapvivoros.

Despois dun ano intenso de actuacións en festivais e rap parties, conta xa cun bo número de seguidores e máis de medio millón de reproduccións na canle de YouTube de Comando Katana.

O seu directo é forte, fresco e contundente. No escenario acompáñano DJ Oscar Selektah e os emecés Pablic, Asoul e Peter. Rapeos trepidantes tempos medidos ao milímetro e actitude de sobra.

“El Trapicista” pódese descargar de balde en HHGroups.

Nesta ocasión Erin presentará os temas deste disco e adiantará algún tamén do que está preparando para 2013.