Swan Fyahbwoy na Festa do Queixo de Arzúa

O madrileño Swan Fyahbwoy incorporase ao Festival do Queixo.

2/03/2013 – Festa do Queixo, Arzúa (A Coruña)

Swan Fyahbwoy representa o son dancehall máis potente do momento. O seu novo disco “Extremely flammable” é o segundo traballo do artista madrileño.

Swan Fyahbwoy

O primeiro adianto do disco foi o videoclip “Siempre hablando de más”, superando en menos de dúas semanas as 200.000 reproduccións. O segundo single é “Am a Warrior”, producido polos valencianos Cookin’ Soul, que supera xa ás 500.000 visitas na canle de YouTube de Fyahbwoy, que xa ten máis de 17.000 suscriptores e máis de 7 millóns de reproduccións de video.

“Extremely flammable” foi financiado por medio de supporters que apoiaron o traballo dende o primeiro momento e que son os únicos que reciben o álbum en formato físico: 1.500 copias exclusivas para estes supporters, onde o disco vai acompañado dun DVD cun documental e varios videoclips. Ademáis, o disco está dispoñible en iTunes, Amazon, Spotify, e pode descargarse libre e gratuitamente na web do artista www.fyahbwoy.com. Nos 4 primeiros días superou as 260.000 descargas, e o álbum entrou directamente ao número 1 de iTunes (categoría reggae) o día da súa saída.

Swan Fyahbwoy, con este segundo traballo, está nun momento de forma impresionante, con directos incendiarios a base de ritmos ultrapotentes e moita actitude.