Betagarri gañadores dun Premio da Música Independente

Na gala dos Premios de la Música Independiente Betagarri acadaron o premio á mellor producción en euskera de 2012 co seu disco “Zorion Argiak”.

Betagarri_ZorionArgiak-cover

É un álbum doble, con 23 novos temas e moitos invitados que quixeron participar e colaborar co grupo. Tonino Carotone, Gari, Pirritx eta Porrotx, El Drogas, Íñigo Muguruza, Mikel Urdangarin, Virginia de la Casa, Francis (Doctor Deseo), Juan (Soziedad Alkoholika), Xabi (Obrint Pas), Kutxi (Marea) son os cantantes que participaron en outros tantos temas poñendo as súas voces ao servizo das composicións que Betagarri crearon expresamente para eles. Estas van intercalando nos dous discos cos temas cantados por Iñaki.

En definitiva, un disco gravado entre amigos que presenta a uns Betagarri entre o rock, o ska e o reggae coa seguridade que proporciona a experiencia e a madurez obtida nestes anos.