Wöyza presenta Wötown no ciclo Íntimo & Acústico en Compostela

WÖYZA

27/03/2015 – Sala Capitol, Santiago DC

Apertura portas 21.30 h

Adiantada 7* € / Taquilla 10 €

Venda entradas: Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado), Cultura Urbana, A Reixa Tenda, salacapitol.com , ticketea.com. *Máis gastos de distribución

Os que a viron en directo sábeno. Wöyza é un talento en plena ebulición e é imposible encontrar no mundo unha proposta similar.

De novo son as rúas de Vigo as que viron crecer esta proposta singular. Vinculada nas súas orixes co hip hop, a súa traxectoria foise enriquecendo con todos os afluentes da música negra, Soul, Funk, Pop, Reggae, R&B… e non hai limites na emoción e potencia que caracterizan os seus concertos.

Wöyza presenta Wötown

Mentres esperamos noticias do seu próximo traballo, seguiremos gozando de “Pisando el suelo que ves” (2008), 14 cancións que van camiño de converterse nun clásico, Wöyza presenta un espectáculo baseado neste traballo, cun formato orixinal e que representa a súa devoción polo Soul do gran selo Motown de Detroit.

Wötown, porque baixo esta denominación transmite unha nova liña de pensamento, traballo e musicalidade. As voces do Soul, o Beatbox, un piano cargado de Groove, reinterpretacións das súas cancións máis coñecidas, avances do seu próximo álbum e versións.

En Wötown, Wöyza plasma parte da súa experiencia vital e musical, independencia, mensaxe positivo e crítico, feminidade… coa forza da súa voz, da súa palabra e acompañada sempre dunha banda de músicos excepcionais.