Marlango no concerto de clausura en Ourense ICC Week

MARLANGO + AURORA & THE BETRAYERS + WÖYZA

28/03/2015 – ICC Fest, Paco Paz, Ourense

Apertura de portas 21:00 h.

Primeiras 100 entradas 5* € / Anticipada 8* € / Taquilla 10 €

Puntos de venda: Peggy Records, Auriense, Torgal, Son Ribadavia, a, A Reixa Tenda, Salacapitol.com​, Ticketea.com. *Máis gastos de distribución

Concerto de clausura OURENSE ICC WEEK, Marco das industrias culturais e creativas 2015.


MARLANGO: CANCIÓNS SOBRE EMOCIÓNS

Marlango regresan co seu esperado novo disco. “El porvenir” gravouse en Los Ángeles baixo o auspicio do célebre produtor Sebastian Krys.

Nesta ocasión a banda de Leonor Watling e Alejandro Pelayo contou coa colaboración de artistas da talla de La Santa Cecilia (premio Grammy 2014 ao mellor álbum de rock latino), Fito Páez ou Bunbury, con quen a banda facturou o sorprendente primeiro single, “Dinero”.

AURORA & THE BETRAYERS, O FURACÁN DE SOUL

Díxose dela que é a mellor voz da escena de música negra no país, que podería encher o escenario soa e que convence ao primeiro acorde. Todo iso é verdade e máis, porque Aurora García coa súa extraordinaria banda de músicos, é capaz de poñer patas para arriba calquera escenario coa súa mestura de soul, funk, R&B e música pop.

O seu novo, e máis persoal proxecto, chámase Aurora & The Betrayers, e o seu disco debut “Shadows go away” (2014) converteuse nun éxito instantáneo e a banda non parou de xirar pisando os mellores festivais (Enclave del Agua, ImaginaFunk, Black is black, GuitarFestival, etc…) e salas. A xira continua no 2015 e presentase por primeira vez en Ourense.

WÖYZA presenta WÖTOWN

Wötown porque baixo ese nome transmite unha nova liña de pensamento, o traballo e a musicalidade. As voces da alma, o Beatbox, un piano cargado de Groove, reinterpretacións das súas cancións máis coñecidas, o avance do seu próximo disco e libera.

En Wötown, Wöyza parte de plasma da súa experiencia de vida e a independencia musical, mensaxe positiva e crítica, feminidade… Na forza da súa voz, a súa palabra e sempre acompañado por unha banda de músicos excepcionais.

A3 CARTEL OURENSE ICC FEST 22