Aurora & The Betrayers no Rock in Río Tea de Ponteareas

Aurora & The Betrayers estarán no festival que terá lugar en Ponteareas o 4 de xulio, xunto a The Soul Jacket e máis artistas.

4/07/15 – Rock in Río Tea, Ponteareas (Pontevedra)

Díxose dela que é a mellor voz da escena de música negra no país, que podería encher o escenario soa e que convence ao primeiro acorde. Todo iso é verdade e máis, porque Aurora García  coa súa extraordinaria banda de músicos, é capaz de poñer patas para arriba calquera escenario coa súa mestura de soul, funk, R&B e música pop.

Na súa etapa como voz solista do grupo Freedonia conságrase como unha das mellores voces segundo crítica e público, conseguindo premios a mellor canción do 2012 (Heaven Bells) segundo os premios Pop Eye, ou mellor banda revelación e banda soul segundo enquisas do diario “El Pais”.

O seu novo, e máis persoal proxecto, chámase Aurora & The Betrayers, e o seu disco debut “Shadows go away” (2014) converteuse nun éxito instantáneo e a banda non parou de xirar pisando os mellores festivais (Enclave del Agua, ImaginaFunk, Black is black, GuitarFestival, etc…) e salas. E a xira continúa en 2015…