Guadalupe Plata e Hendrik Röver no Ciclo Blues Nite by 1906

GUADALUPE PLATA + HENDRIK RÖVER & LOS MÍTICOS GT’S

Ciclo Blues Nite by 1906

27/11/2015 – Sala Capitol, Santiago DC

Adiantada 12* € / Taquilla 15 €

Venta de entradas en Miranda, A Reixa Tenda, Ticketea, Salacapitol.com. *Máis gastos de distribución

Guadalupe Plata, son un trío de blues-rock de Úbeda. O seu discurso baseado na forza, o surrealismo e un son totalmente orgánico levounos a cultivar grandes éxitos de crítica e público. Desde o 2013 non pararon de xirar en Europa e América. No 2015 publicaron o seu terceiro disco, como todos titulados co mesmo nome do grupo.

Hendrik Röver, voz, guitarra e alma de Los Deltonos, comezou hai 10 anos unha carreira en solitario para dar renda solta á súa afección polo country e os sons de raíz norteamericana. Acompañado de Goyo (batería) e Toño (contrabaixo), constitúen Hendrik Röver & Los Miticos GT’s, unha das formacións máis notables, alleas ás modas, e cunha linguaxe propia que asuca os camiños do blues.

Guadalupe Plata

“Londres, 14  de decembro 2014.

Guadalupe Plata volve de madrugada á casa vitoriana onde a banda se hospeda, á sombra dunha enorme, redonda igrexa en desuso que se aluga para raves. Levan guitarras, bombo e barreño – acaban de presentar estas cancións novas ao seu aloucado público nun repleto soto de Soho.

A casa queda a un quilómetro do estudio Toerag onde pasaron os últimos cinco días gravando os once temas do disco. Cinco días gravando o son dunha sala a cintas dunha polgada; seis micros, tres vellos amplificadores, e dúas cintas de media hora cada unha, sinalando ao produtor, Liam Watson con dedos e polgares, a través dunha enorme xanela de cristal groso. Liam coas súas follas de afeitar, cortando a cinta onde empeza e acaba a toma.

E esta madrugada por fin ven o sol. Quedan alí, escoitando a premestura das oito pistas nun laptop. Levántase o sol ese domingo, e a banda déitase. A merda é boa, din, a durmir, que é domingo”.