Wöyza & The Galician Messengers levan a súa fusión a Frankfurt

WÖYZA & THE GALICIAN MESSENGERS

24, 25 e 26/08/2018 – Museumsuferfest, Frankfurt (Alemaña)

Wöyza & The Galician Messengers é sen dúbida unha fusión aberta en tódolos sentidos.

Integrado por 5 brillantes músicos e 2 excelentes bailarines, aúnan culturas e estilos musicais moi diversos, dende o Soul, Reggae e Hip Hop mesturado coas propias raíces e a tradición galega.

Liderado por Wöyza, cantante, compositora e directora artística, Adrían Solla teclista e director musical, David Outumuro, percusións e batería, High Paw Baixista e cantante, Xulio Lorenzo frautista, gaiteiro e cantante, Yara e Rubén como Boombox danza urbana.

No seu repertorio contan con clásicos da música tradicional como “Unha noite na eira do trigo” levado o mundo do Soul e do Hip Hop, ou a musicada cantiga de Martín Codax (unha das pezas que forman o manuscrito Vindel) arranxada pola artista viguesa.

Tamén caben destacar as aportacións vocais de High Paw e Xulio Lorenzo, quenes darán o seu toque reggae e folk a este saboroso cocido galego.

Unha viaxe da tradición á Galiza cosmopolita. Directamente dende Galiza a Frankfurt, os mensaxeiros desta nova xeración.

Woyza-Frankfurt-museumsuferfest-2018