O directo de Babykatze no VI Festival dos Eidos no Courel

BABYKATZE

28/08/2021 – VI Festival dos Eidos, Fundación Uxío Novoneyra, Parada do Courel (Lugo)

Entradas á venda en Ataquilla

BABYKATZE entrelaza imaxe e música creando un personaxe etéreo e sorprendente, cunha mensaxe de carácter universal. Unha viaxe a un mundo onírico tecido con capas electrónicas onde se mesturan ritmos contundentes cunha voz máxica. Está presentando en directo o seu traballo “BLUT”, que pasou xa polo Festival Vive Nigrán, Pasatempo Betanzos,  Cidade da Cultura, BIME Bilbao e Vigo Emerxe, entre outros.