O Festival dos Eidos acolle unha sesión de Califato DJ set

CALIFATO DJ SET

27/08/2021 – VI Festival dos Eidos, Fundación Uxío Novoneyra, O Courel, Lugo

22:00 h. Entradas en Ataquilla.com

O festival de poesía e artes expandidas da montaña luguesa celebra este ano a súa VI edición con artistas multidisciplinares do territorio nacional e internacional. Ao longo de tres xornadas o festival contará con música, poesía, danza, audiovisuais e o xa clásico roteiro de avistamento de paxaros.

A música o venres noite ven a cargo de Califato DJ set. Sklt sklt (Curro Morales) e Bazofia (Loren Soria), membros do colectivo Breaking Bass e do grupo Califato ¾, reivindican a propia identidade andaluza como fonte de alta cultura e como arte moderna e contemporánea. “Ben sabemos como andaluces que hai unha parte da nosa historia que foi e segue sendo amputada, excluíndo e marxinando ao pobo negro, xitano, musulmán e xudeu e ocultando a súa influencia na nosa cultura actual, por iso O Califato é a súa mestura e a súa memoria”.  Califato DJ set despregan un soundsystem de orixe andaluza cargada de electrónica, rarezas e bizarradas que poñerán a todo o mundo a bailar desde a súa cadeira. Desde Los del Rio cunha base de G-Funk ata remixes e temas inéditos. #VolvenOsEidos