Bluefest, no hall do Auditorio Mar de Vigo, regresa cos concertos de pé esta fin de semana

Ante un problema de positivo Covid 19 detectado ayer miércoles 20 de Octubre en un miembro compartido de la banda Mambo Jambo y Koko Jean & The Tonics nos vemos obligados a la modificación del programa previsto para el Bluefest.

El viernes 22 de Octubre, en lugar de Mambo Jambo, acompañara a Zenet, DANI NEL-LO Y LOS SAXOFONISTAS SALVAJES. Dani Nel-lo, también frontman en Mambo Jambo, llegará a Vigo acompañando de una auténtica banda all-star de lujo. Arropado por alguno de los mejores músicos de rhytm and blues, jazz y rock´n´roll de la escena estatal. Nel-lo explora la tradición del saxofonismo salvaje para desarrollar su propia voz. Una reivindicación del papel del saxofón dentro de la música popular en su faceta más visceral y subversiva.

El sábado 23 de Octubre, en lugar de Koko Jean & The Tonics, acompañara a Myles Sanko, ADRIÁN COSTA BLUES BAND.  Adrían Costa es uno de los representantes más valorados del blues español. Formó junto con el armonicista Marcos Coll, Los Reyes del K.O. Una de las formaciones más destacadas de la escena blues europea. Blues, funk, soul son los rasgos más característicos de este músico compostelano aunque no reniega de sus raíces latinas. Un guitarrista con una voz poderosa que no concibe la música sin el baile.

Hemos dado instrucciones a la plataforma de ventas Teu Ticket que si algún cliente lo desea pueda recuperar el importe de sus entradas o bonos solicitándolo antes de la fecha de cada concierto o inicio del evento en el caso del bono.

El evento Bluefest continua tal y como estaba previsto, en el Hall del Auditorio, con el público de pie y con una zona habilitada para el consumo de bebidas.

O festival terá lugar este venres e sábado coas actuacións de Myles Sanko, Zenet, Los Mambo Jambo e Koko Jean & The Tonics. O aforo para cada unha das xornadas enmarcadas no Bluefest será de 500 persoas, respectando así os protocolos aínda vixentes.

A programación do Auditorio Mar de Vigo mira cara á normalidade, recuperando a celebración dos concertos de pé no seu Hall case dous anos despois. Será esta fin de semana coa celebración da primeira edición do Festival Bluefest, un novo festival que chega a Vigo para ofrecer a oportunidade de experimentar as diferentes formas de entender as músicas de raíz negra: jazz, blues, soul, rok and roll…

Un festival de estilo no que o público atopará bandas nacionais e internacionais de gran calidade en directo. Este venres 22 actuarán Zenet e Los Mambo Jambo e o sábado 23, Myles Sanko e Koko Jean & The Tonics. O abono para os dous días (45€ + gastos de xestión) e as entradas de día (26€ + gastos de xestión) están á venda a través de teuticket.com. Os concertos comezarán ás 21.00 horas, pero poderase acceder desde media hora antes.

Coa celebración deste primeiro evento de pé, trátase de dar un paso adiante coa perspectiva de recuperar a normalidade con prudencia nun dos poucos espazos culturais que mantiveron o ritmo de programación e o éxito ao longo destes meses. O aforo para estes concertos no Hall será de 500 persoas, e aínda que a máscara sexa obrigatoria en todo momento, haberá unha zona habilitada de consumo de bebidas. O Bluefest é o primeiro dos eventos de relevancia programados polo Mar de Vigo neste último trimestre do ano.

HORARIOS 22/10/2021

Apertura de portas: 20:30
ZENET: 21:00
LOS MAMBO JAMBO: 22:45

HORARIOS 23/10/21
Apertura de portas: 20:30
KOKO JEAN & THE TONICS: 21:00
MYLES SANKO: 22:45

MYLES SANKO

Myles Sanko, orixinario de Ghana aínda que británico de adopción, é un grande do soul na escena europea, a súa traxectoria ascendente é imparable desde que en 2014 publica o seu primeiro traballo “Born in Black”, onde xa quedaba clara a súa gran calidade vocal. Myles Sanko presentará en Vigo o seu novo disco “Memories of Love”, onde segue apostando forte por unha mestura de jazz, blues e soul elegante para gustos exquisitos.

ZENET

Zenet é un artista malagueño que comezou a traballar en 2008 con grandes músicos como Manuel Machado, Pepe Rivero ou José Taboada, entre outros. O seu primeiro traballo foi “Los Mares de China”, disco con alma de clásico no que atopamos bolero, música brasileira e o jazz de Nova York. En 2019 publica “La Guapería”, onde presenta cancións xa interpretadas por artistas como Bola de Nieve, Olga Guillot ou Celeste Mendoza. Por este disco recibiu o Premio Internacional Cubadisco 2019. Zenet percorre unha carreira paralela como actor e, recentemente, puidemos velo interpretando a Pablo Picasso na coñecida serie de TVE «El ministerio del tiempo»

LOS MAMBO JAMBO

Los Mambo Jambo son a banda instrumental creadora do ‘Son Jambofónico’, unha mestura salvaxe de rock& roll, rhythm & blues, surf e swing interpretada baixo unha perspectiva contemporánea. Presentan en directo «Exotic Rendezvous”, o quinto álbum do grupo, unha maneira de reivindicar os paraísos perdidos. Non hai nada cotiá na música dos Mambo Jambo, todo é excepcional, único, fermoso e atemporal. Todos os temas son orixinais e a produción correu a cargo de Dani Nel·o.

KOKO JEAN & THE TONICS

Koko-Jean & The Tonics publicaron o seu primeiro álbum, titulado «Shaken & Stirred», o pasado 8 de outubro, despois dun par de EPs e numerosos concertos que apuntan un son fresco, con influencias que van do soul ao rock e o blues. O primeiro single, “Pattin’ Juba” xa nos adiantaba o que se nos vén encima, temas pegadizos que che axitan o corpo e elevan o espírtu. Explosivos en directo!