Estrea de Wöyza & The Galician Messengers nos festivais de verán

WÖYZA & THE GALICIAN MESSENGERS

17/06/2022 – Festival O Son do Camiño, Santiago de Compostela

25/06/2022 – Wakau Urban Fest, Negreira

8/07/2022 – The Wild Festival, San Miguel de Oia

11/08/2022 – Auditorio Parque de Castrelos, Vigo

Wöyza, cunha intensa traxectoria no hip hop, soul e gospel, presenta a súa nova proposta Wöyza & The Galician Messengers.
Un repertorio de adaptacións populares e cancións propias integramente en galego. A singular interpretación propia da artista urbana en fusión cos distintos estilos que dan forma a esta agrupación conseguen crear unha atmósfera única que actualiza a tradición, emociona e inspira.

O 10 de maio publícase «Campo estrelado«, o primeiro single do seu novo EP Wöyza & The Galician Messengers en todas as plataformas dixitais.